viernes, 10 de abril de 2009

Verán por Cris






FESTIVAL INTERNACIONAL DE EDIMBURGO.

Que pode ser máis bonito non verán que coller vos bártulos e irse de festivais? Recordas cando querías a Ortigueira? Que agora xa non queres? Vale. Pero hai festivais e festivais. Este é máis para puretas. coma ti:ten ópera, danza. Jazz, clásica? Un luxo, vamos. Celébrase todos os meses de agosto (ata o primeiro sábado de setembro) dende 1947, e vai acompañado doutro máis popular, o fringe, que enche as rúas de ambiente. A todo isto, no marco incomparable de Edimburgo, coa súa cidade, ou seu castelo, e tantas e tantas cousas bonitas de ver. A viaxe comprende unha semana nun hotel bastante ben situado, (típico,típico, tipo o que vedes, con decoración hindú) a viaxe en avión, e dúas ou tres entradas a espectáculos (adepende do espectáculo) .

Este é o cartaz do festival deste ano adicado ao século XVIII.

No hay comentarios: