martes, 7 de abril de 2009

Inhaqui verán: POLOS CANAIS INGLESES



Desfruta da placidez de navegar nas antigas estreitas barcazas que sucaban as canles británicas. Vén navegar e coñecer a campiña inglesa. A viaxe é sinxela: voo low cost até Londres / Liverpool, e desde alí traslado en autobús/tren até o lugar no que se colla o barco. E logo, 7 días navegando nun barco-hotel con todas as comodidades (sempre e cando a libra non volva a subir; senón, dá polo menos para cinco días). Non pecho a viaxe en concreto, porque hai varias compañías que cun barco van percorrendo os canais ao longo do verao, con distintas puntos de partida/chegada (Londres, Liverpool, Oxford, Coventry, Northwich), en función das datas, así que queda un pouco á escolla de cada quen (gusto e posibilidade da viaxe), xa que o prezo é o mesmo para todas. Mesmo existe a posibilidade (con outras compañías, se vos atrevedes a conducir o barco), de en vez de ir nun barco-hotel alugar o barco para vós sos (hai barcos pequenos, para 2-4 persoas!), pero a cambio hai que conducilo, e teredes que vos facer a comida...


Se queredes ver unha reportaxe publicitaria, aquí tendes a entrada:

http://www.discountboathire.com/video/vid.html

No hay comentarios: