martes, 7 de abril de 2009

SIBARIT TOURS PRESENTA: NADAL EN VIENA - VERÁN EN SIENA

LIDIA INVERNO
Viena non está de moda!
5 días



Cidade da música e os cafés, raíña do Danubio… Queres pasar uns diíñas de luxo e tranquilidade? Esta é a túa!


Ademáis, aloxado nun dos hoteis con máis encanto e soleira: o Austria Trend Hotel Rathauspark, antigo fogar do escritor Stefan Zweig, situado en pleno centro histórico.
Tes a man tódolos atractivos da cidade imperial: o Palacio Schöhbrum, a catedral de San Esteban, a ópera e a casa de Mozart, a noria do Prater ( a de “O Terceiro Home”),…
Unha cidade para disfrutar camiñando.
E entre visita e visita, que tal uns pasteis e un café vienés?



LIDIA VERÁN
No corazón da Toscana… con calma:
Seis días

Siena: na cima de tres colinas, no corazón da Toscana.
Se queres apreciar a beleza desta cidade e o seu espectacular entorno, esta é a oportunidade. Ademáis pode ser o punto de partida para outras excursións: en bici, polas colinas de Chianti;en coche ou bus, a Florencia ou San Gimignano,…
Tampouco pasa nada se optas por quedarte en Siena, disfrutando, ademáis, dun hotel (Il giardino) con salón panoránico sobre a cidade, e vistas á Torre del Mangia, con piscina e hidromasaxe, e una situación máis que privilexiada: só a 5 minutos a pé da Piazza del Campo!!!











Arrecendos de viño, aceite, queixo e albahaca. E os atardeceres… buah!!!

No hay comentarios: