jueves, 16 de abril de 2009
Venecia - Outono – inverno - (Merce)
Venecia, unha das cidades máis particulares do mundo, La Serenissima, cun conxunto de 116 illas conectadas por 409 pontes, onde está prohibida a circulación de coches e onde todo o mundo- incluídos carteiros e policías- van en barco. Cidade cargada de historia... pero diso xa sabedes moito.
Fóra da concentración turística atópase a Venecia “de todos os días”, con canles estreitos, mulleres tendendo a roupa, pequenas osterias (bares) e... para vivila mellor sen tanta aglomeración, elixo un momento máis tranquillo sen tanta aglomeración outono – inverno
Dende o impresionante Palazzo Ducale ata a grandiosa Piazza San Marco, descrita por Napoleón como o "salón de Europa" ou a Ponte Sospiri...
A beleza de Venecia reside nas experiencias tipicamente venecianas, como montarse nun vaporetto por un dos canles desertos, embriagarse do sabroso olor dunha trattoria, ou ver as estradas convertidas en auga e os coches en vaporetti, taxis acuáticos e as góndolas (non se precisa coche para nada!!!).
A viaxe faríase en avión (baixo custo, reservado con antelación) e fóra de datas “especiais” aínda que si entraría a ponte da Constitución:
-Santiago – Barcelona – Roma – Venecia + bus ata a cidade (e vaporetto se é necesario ata cerca do hotel)
- Estadía de 4 a 5 noites, en hotel de 3 estrelas. Hai variedade, este que vos mostro está á beiriña da estación de metro no Gran Canal: http://www.hotelcanal.com/es/rooms.htm .
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario