miércoles, 5 de octubre de 2011

A campiña inglesa en Verán by Mariajo

Adriano cagao ven pal otro lao*
(*Ouveaban os pictos azuis de rabia)


Querida chavalada, que dicirvos do muro de Adriano...... verdes campiñas e muros romanos que se estenden máis alá do alcance a vosa vista.......







Obra de enxeñería sen par, construída durante os anos 122-132 por encargo do emperador Adriano, coa intención de defender o seu imperio de esa panda de hooligans caledonios pintaos de azul coñecidos como Pictos.







Os romanos tiveron o bo gusto de construír esta fermosa obra nas proximidades da rexión actualmente coñecida como distrito dos Lagos, no noroeste de Inglaterra




http://viajar.euroresidentes.com/2007/07/el-distrito-de-los-lagos-inglaterra.html







A viaxe prevista levaranos ata Londres e dende aquí en tren ata Newcastle, nesta fermosa cidade durmiremos a primeira noite, para, dende aquí, iniciar un percorrido de 4 días ao longo do muro ata chegar a Carlisle dende onde iniciaremos o triste regreso cara Londinum, en tren, para volvernos a casiña por vía aérea.




Para os máis osados o percorrido pode facerse en bicicleta ou incluso andando, xa que toda a zona está sinalizada con rutas de sendeirismo. Pero, como somos poucos e nos coñecemos moito, mellor alugar un coche e andar un ratiño entre campamento romano e campamento romano, museo, portas monumentais, mosteiros ou charming villages







Para os merecidos descansos nocturnos utilizaremos a ampla gama de B & B distribuídos polas proximidades do Muro




http://www.ntopsearch.com/HadriansWall/

qué, os animades???
para os que teñades dúbidas podedes consultar

http://www.hadrians-wall.org/

No hay comentarios: