Unha illa grega dominada sucesivamente por romanos, bizantinos, cruzados, otomanos e italianos.
Esquécete do frío nas praias gregas, e disfruta do magnífico patrimonio desta illa inigualable.
Os voos son vía Milán ou Roma (dependendo das conexións de Ryanair para o ano que vén), e reservándoo con algo de tempo mesmo é posible facelo por uns 100 €.
E para que non digades que sempre vos mando a sitios peñazo, esta vez elixinvos Lindos, unha cidade histórica con moi boa pinta a carón da praia.
E a todo trapo, no hotel Lindos Mare (o da foto). Algo carillo, para dá para catro noites sen problema, e mesmo alugar un coche algún dos días para visitar a capital e o resto da illa. Evidentemente, se elixides un hotel máis barato, teredes a posibilidade de estar máis días, e alugar o coche máis tempo.
Iso si, como dependemos de Ryanair, o máis probable é que só se poida facer en primavera, ou no mes de outubro (en verán tamén, pero é que é a viaxe de inverno, eh?).
No hay comentarios:
Publicar un comentario