Unha illa franco-falante, a carón de Normandía, pero pertencente á coroa Británica. Para os que non saibades onde está (eu ata hai uns meses tampouco tiña moi claro onde quedaba exactamente, conste), tendes este enlace.
Pero nela non só podedes apreciar os beneficios de evadir diñeiro (que tamén): tendes toda a beleza e o patrimonio de Normandía concentrado nunha illa pouca máis grande ca Ibiza: castelos, dólmenes con igrexas sobre o seu túmulo (na foto de embaixo), túneles da II Guerra Mundial, e praias dunha beleza máis que interesante, e das que poderedes disfrutar no verán.
O plan é o típico de avión+coche+hotel: voo a Jersey (entre as múltiples alternativas, quédome con voo SCQ-Londres Stansted-Jersey, pero hai moitas outras) Uns 300 €.
E alí colledes un coche para movervos (coidadiño, que conducen polo lado “correcto” da estrada, e non se pode circular a máis de 40mph/64km) e o hotel que máis vos guste, porque hai mogollón (ata un spa carissíssimo). Dependendo do luxo co que queirades viaxar, penso que da para estar entre 3 e 5 días sen problemas.
E os que optedes pola alternativa Hippy, mesmo está a posibilidade de alugar unha furgoneta volkswagen, coa que tendes as dúas funcións nunha (coche e cama)!Para máis información sobre Jersey, pinchade aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario