Duración: de 4 a 6 noites
Viaxe: con Ryanair (Santiago-Madrid-Poznan) ou Wizzair (Santiago-Barcelona-Poznan)
Hospedaxe: IBB Andersia Hotel (http://www.andersiahotel.pl/ ), céntrico, que ofrece sauna, ximnasio, solárium, spa e “centro de benestar”, masaes, bañeira de hidromasaxe (exterior), baño turco, piscina cuberta e tamén se pode contar con menaxe para facer té e/ou café na habitación para o relax despois dos paseos e excursións.
Poznan, case en liña recta con Berlín (a 280 Km), é a capital da rexión de Wielkpolska e foi, hai case mil anos, a primeira capital de Polonia. É unha cidade de medio millón de habitantes, universitaria, fácil e bonita para pasear.
Tomando como punto de partida Poznan, pódense visitar: Gniezno, Biskupin, Ostrow Lednicki, Strzelno, Rogalin, Kruszwica, Kórnik e Wroclaw, un montón de choio!
Boa gastronomía, dou fe! Economicamente Polonia non é caro e pagaremos co zloty (1€=4,40 Zł)
No hay comentarios:
Publicar un comentario