miércoles, 5 de octubre de 2011

Islandia en Inverno by mariajo

Auroras Boreales para niños especiales*





(*la rima es lo que me inspira)




Como todos sabedes a aurora polar (ou "aurora polaris") é un fenómeno en forma de brillo ou luminescencia que aparece nos ceos nocturnos, usualmente en zonas polares, aínda que pode aparecer noutras partes do mundo por curtos períodos de tempo.





A aurora boreal resulta visible de outubro a marzo, aínda a que, en ocasións, pode aparecer durante o transcurso de outros meses, sempre e cando a temperatura atmosférica sexa baixa dabondo. Os mellores meses para a súa observación son xaneiro y febreiro, porque nestes meses as temperaturas son máis baixas.





Así que, amigüitos, o que os ofrezo é la ocasión única de contemplar a Aurora Boreal dende as fermosas e agrestes terras islandesas.






5 días e 4 noites na fermosa cidade de Reykjavik, aloxándonos nun céntrico hotel de deseño (que poderá cambiarse por un aloxamento máis modesto si se queren ampliar os días de estancia)




http://www.centerhotels.com/our-hotels/hotel-thingholt/




O aluguer dun coche permitiranos ter a mobilidade necesaria para desprazarnos na procura da Aurora Boreal polos espléndidos paraxes que rodean a capital como o parque nacional de Þingvellir (aínda que si estamos algo vagos sempre podemos cambiar este aluguer por unha das múltiples excursións deseñadas para atopar a aurora)






Por suposto non podemos deixar a illa sen visitar o Blue Lagoon e poñernos a remollo cubertos pola intensa noite polar




http://www.bluelagoon.com/






O avión sae dende A Coruña ata londres/Headrow e dende aquí iremos con Icelandair ata o aeroporto de Reykjavik, e o revés para á volta.


E si, xa sei que este destino saíu elixido hai 2 anos, pero de verdade que non afundímos a illa e, ao parecer, e pese a nosa estancia no lugar, aínda resulta visitable.
Así que non sei porque non vou poder poñer de novo unha viaxe a Islandia digo eu!!!!


No hay comentarios: