martes, 4 de octubre de 2011

VIAXE A MALTA - PRIMAVERA (Merce)

Viaxemos en primavera ao Mediterráneo.

Datas prospostas: de marzo ata 31 maio

Duración: de 5 a 7 noites

Viaxe: con Ryanair (Santiago-Madrid-Malta)

Hospedaxe: na Valletta, a capital, nun hotel 3 estrelas ou apartamento “preciosísimo” na Valletta http://www.vallettahouse.com/), todo depende da anticipación con que a persoa agraciada o programe.

A República de Malta está formada polas illas: Malta (la 245 km2), Gozo(67 km2), Comino (3 km2), e máis pequeniñas, Cominotto e Filfla. Idioma o maltés, inglés, e tamén é frecuente que falen italiano.

Pola súa situación foi “refuxio seguro” de distintas civilizacións = Malat, así a chamaron os fenicios, pero recibiu visitas de todo dios, romanos, árabes, cartagineses, aragoneses, ...británicos.

Foi escenario de películas como Gladiator, O Conde de Montecristo ou O expreso de Medianoite

Medios de transporte: buses (baratos), taxis, bicicletas, ciclomotores... barcos entre illas, ferrys ata Sicilia e Nápoles, e helipcóteros para visitar Gozo e Comino dende a Valletta.

Un territorio a explorar e gozar. Cultura e ocio, bo tempo e praia, boa gastronomía, artesanía.

En definitiva, un destino perfecto cun único defecto, conducen pola esquerda.


No hay comentarios: